Máster Interuniversitario en Investigación Química e Química Industrial

Máster Interuniversitario en Investigación Química e Química Industrial

perfil investigador ou profesional

Química avanzada útil

O Máster en Investigación Química e Química Industrial posúe un carácter interuniversitario e conta coa colaboración do Ilustre Colexio Oficial de Química de Galicia. O seu obxectivo é proporcionar coñecementos para obter unha sólida base en química avanzada e técnicas instrumentais químicas e biolóxicas que permita ao alumnado orientarse cara a investigación ou a profesionalización en temáticas relevantes da ciencia e a tecnoloxía químicas.

EN DETALLE

20

PRAZAS

60

CRÉDITOS ECTS

ELEVADO CONTIDO PRÁCTICO

Segundo a orientación escollida polos alumnos, entre o 40% e o 50% dos créditos cúrsanse en laboratorios de investigación ou de empresas.

ACCESO A GRUPOS DE INVESTIGACIÓN

Existe unha ampla oferta de materias optativas que os alumnos poden escoller segundo os seus intereses, deseñando o seu propio itinerario.

OPCIÓN DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS

O alumnado da orientación industrial desenvolven as prácticas e o TFM integramente en empresas colaboradoras do máster.

TÉCNICAS E INNOVACIÓN

Adquisición de coñecementos avanzados en química e prácticas coas técnicas fundamentais relacionadas coa investigación, desenvolvemento e innovación química..

DOMINIO DE CONCEPTOS ECONÓMICOS

Así como aqueles relativos a recursos humanos e tecnolóxicos esixidos actualmente polas empresas do sector químico para garantir a calidade do produto e as técnicas de xestión de institucións ou de empresas do sector.

Vantaxes de estudar o máster na Facultade de Ciencias da UDC

Capacitación na aplicación do método científico

Adquisición de habilidades no manexo de lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios, experimentos e procesos químicos.

Formación transversal

Acceso do alumnado a actividades comúns que se ofrecen de forma transversal a todos os alumnos da Facultade: conferencias sobre temas actuais de investigación, cursos para a xestión bibliográfica ou indicacións sobre saídas profesionais.

PERFIL DE ACCESO

Titulados en Química ou Bioquímica.

Titulacións afíns como Enxeñería Química, Enxeñería Industrial, Ciencia de Materiais, Farmacia, Ciencias do Mar e outras de perfil equivalente.

PERFIL DE SAÍDA

As ofertas de emprego concéntranse nos sectores químico, industrial, hospitalario, farmacéutico e docente. A isto únense as posibilidades de desenvolvemento dunha carreira académica e/ou investigadora.

835.80 €

CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS UE

MIQQI (UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
MATRICÚLATE!

1462.80 €

CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS NON UE

MIQQI (NON UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
MATRICÚLATE!
DOUS TIPOS DE PERFÍS NO MÁSTER

INVESTIGADOR OU PROFESIONALIZANTE

Perfil Investigador

Deseñado como etapa formativa para o acceso a un programa de doutoramento. 30 ECTS realízanse en laboratorios de investigación. O alumnado que queira cursar este perfil pode escoller a súa especialización entre a 1, 2, 3, 4 e 5 (módulos 2-6 e 8).

Perfil Profesionalizante

Deseñado para obter unha formación complementaria aconsellable para estar en condicións vantaxosas para incorporarse directamente ao sector químico – industrial. 24 ECTS realízanse en empresas. O alumnado deberá escoller a especialidade 6 (módulos 7 e 9).

PLAN DE ESTUDOS

  1. Estrutura e reactividade química
  2. Química sintética
  3. Química biolóxica
  4. Nanoquímica e novos materiais
  5. Técnicas analíticas avanzadas
  6. Química e economía industrial
MÓDULO 1. FORMACIÓN OBRIGATORIA QUÍMICA AVANZADA (5 materias, 15 ECTS)
  1. Selección e validación de metodoloxía analítica
  2. Técnicas de caracterización de materiais e biointerfases
  3. Determinación estrutural avanzada
  4. Procesos químicos e sustentabilidade
  5. Actividades formativas titorizadas
MÓDULO 2. ESTRUTURA E REACTIVIDADE QUÍMICA (4 materias, 12 ECTS)
  • Modelización molecular
  • Química supramolecular
  • Espectroscopia de fluorescencia e fotoquímica
  • Mecanismos de reacción e catálise
MÓDULO 3. QUÍMICA SINTÉTICA (5 materias, 15 ECTS)
  • Química de coordinación aplicada
  • Química organometálica
  • Aplicacións sintéticas dos compostos organometálicos
  • Síntese estereoselectiva
  • Estrutura e reactividade dos compostos orgánicos
MÓDULO 4. QUÍMICA BIOLÓXICA (5 materias, 15 ECTS)
  • Química de biomoléculas
  • Metais en sistemas biolóxicos
  • Química médica
  • Bioloxía molecular
  • Química de produtos naturais
MÓDULO 5. NANOQUÍMICA E NOVOS MATERIAIS (5 materias, 15 ECTS)
  • Preparación de nanomateriais
  • Técnicas avanzadas de caracterización de materiais
  • Propiedades de materiais
  • Materiais moleculares
  • Desafíos e perspectivas en química do estado sólido
MÓDULO 6. TÉCNICAS ANALÍTICAS AVANZADAS (4 materias, 12 ECTS)
  • Técnicas de preparación da mostra
  • Técnicas atómicas avanzadas e sensores
  • Espectometría de masas analítica de compostos orgánicos
  • Cromatografía e técnicas analíticas de separación
MÓDULO 8. INICIACIÓN Á INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA (12 ECTS)
  • Prácticas académicas
MÓDULO 10. TRABALLO FIN DE MÁSTER (18 ECTS)
MÓDULO 1. FORMACIÓN OBRIGATORIA QUÍMICA AVANZADA (5 materias, 15 ECTS)
  • Selección e validación de metodoloxía analítica
  • Técnicas de caracterización de materiais e biointerfases
  • Determinación estrutural avanzada
  • Procesos químicos e sustentabilidade
  • Actividades formativas titorizadas
MÓDULO 7. QUÍMICA E ECONOMÍA INDUSTRIAL (7 materias, 21 ECTS)
  • Química industrial: control de procesos
  • Calidade nos laboratorios químicos
  • Seguridade industrial
  • Sistemas de xestión na industria química
  • Lexislación industrial
  • Economía e empresa
  • Recursos humanos
MÓDULO 9. INICIACIÓN Á PRÁCTICA PROFESIONAL (9 ECTS)
  • Xestión de proxectos (3 ECTS)
  • Prácticas profesionais (6ECTS)
MÓDULO 10. TRABALLO FIN DE MÁSTER (18 ECTS)
contacta co coordinador

Carlos Jiménez Gonzalez

+34 881 012 170

carlos.jimenez@udc.es