
Química avanzada útil
O Máster en Investigación Química e Química Industrial posúe un carácter interuniversitario e conta coa colaboración do Ilustre Colexio Oficial de Química de Galicia. O seu obxectivo é proporcionar coñecementos para obter unha sólida base en química avanzada e técnicas instrumentais químicas e biolóxicas que permita ao alumnado orientarse cara a investigación ou a profesionalización en temáticas relevantes da ciencia e a tecnoloxía químicas.
20
PRAZAS
60
CRÉDITOS ECTS
ELEVADO CONTIDO PRÁCTICO
Segundo a orientación escollida polos alumnos, entre o 40% e o 50% dos créditos cúrsanse en laboratorios de investigación ou de empresas.
ACCESO A GRUPOS DE INVESTIGACIÓN
Existe unha ampla oferta de materias optativas que os alumnos poden escoller segundo os seus intereses, deseñando o seu propio itinerario.
OPCIÓN DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS
O alumnado da orientación industrial desenvolven as prácticas e o TFM integramente en empresas colaboradoras do máster.
TÉCNICAS E INNOVACIÓN
Adquisición de coñecementos avanzados en química e prácticas coas técnicas fundamentais relacionadas coa investigación, desenvolvemento e innovación química..
DOMINIO DE CONCEPTOS ECONÓMICOS
Así como aqueles relativos a recursos humanos e tecnolóxicos esixidos actualmente polas empresas do sector químico para garantir a calidade do produto e as técnicas de xestión de institucións ou de empresas do sector.
Vantaxes de estudar o máster na Facultade de Ciencias da UDC
Capacitación na aplicación do método científico
Adquisición de habilidades no manexo de lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios, experimentos e procesos químicos.
Formación transversal
Acceso do alumnado a actividades comúns que se ofrecen de forma transversal a todos os alumnos da Facultade: conferencias sobre temas actuais de investigación, cursos para a xestión bibliográfica ou indicacións sobre saídas profesionais.
PERFIL DE ACCESO
Titulados en Química ou Bioquímica.
Titulacións afíns como Enxeñería Química, Enxeñería Industrial, Ciencia de Materiais, Farmacia, Ciencias do Mar e outras de perfil equivalente.
PERFIL DE SAÍDA
As ofertas de emprego concéntranse nos sectores químico, industrial, hospitalario, farmacéutico e docente. A isto únense as posibilidades de desenvolvemento dunha carreira académica e/ou investigadora.
835.80 €
CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS UE
MIQQI (UE)
- Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
1462.80 €
CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS NON UE
MIQQI (NON UE)
- Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
INVESTIGADOR OU PROFESIONALIZANTE
Perfil Investigador
Deseñado como etapa formativa para o acceso a un programa de doutoramento. 30 ECTS realízanse en laboratorios de investigación. O alumnado que queira cursar este perfil pode escoller a súa especialización entre a 1, 2, 3, 4 e 5 (módulos 2-6 e 8).
Perfil Profesionalizante
Deseñado para obter unha formación complementaria aconsellable para estar en condicións vantaxosas para incorporarse directamente ao sector químico – industrial. 24 ECTS realízanse en empresas. O alumnado deberá escoller a especialidade 6 (módulos 7 e 9).
PLAN DE ESTUDOS
- Estrutura e reactividade química
- Química sintética
- Química biolóxica
- Nanoquímica e novos materiais
- Técnicas analíticas avanzadas
- Química e economía industrial
MÓDULO 1. FORMACIÓN OBRIGATORIA QUÍMICA AVANZADA (5 materias, 15 ECTS)
- Selección e validación de metodoloxía analítica
- Técnicas de caracterización de materiais e biointerfases
- Determinación estrutural avanzada
- Procesos químicos e sustentabilidade
- Actividades formativas titorizadas
MÓDULO 2. ESTRUTURA E REACTIVIDADE QUÍMICA (4 materias, 12 ECTS)
- Modelización molecular
- Química supramolecular
- Espectroscopia de fluorescencia e fotoquímica
- Mecanismos de reacción e catálise
MÓDULO 3. QUÍMICA SINTÉTICA (5 materias, 15 ECTS)
- Química de coordinación aplicada
- Química organometálica
- Aplicacións sintéticas dos compostos organometálicos
- Síntese estereoselectiva
- Estrutura e reactividade dos compostos orgánicos
MÓDULO 4. QUÍMICA BIOLÓXICA (5 materias, 15 ECTS)
- Química de biomoléculas
- Metais en sistemas biolóxicos
- Química médica
- Bioloxía molecular
- Química de produtos naturais
MÓDULO 5. NANOQUÍMICA E NOVOS MATERIAIS (5 materias, 15 ECTS)
- Preparación de nanomateriais
- Técnicas avanzadas de caracterización de materiais
- Propiedades de materiais
- Materiais moleculares
- Desafíos e perspectivas en química do estado sólido
MÓDULO 6. TÉCNICAS ANALÍTICAS AVANZADAS (4 materias, 12 ECTS)
- Técnicas de preparación da mostra
- Técnicas atómicas avanzadas e sensores
- Espectometría de masas analítica de compostos orgánicos
- Cromatografía e técnicas analíticas de separación
MÓDULO 8. INICIACIÓN Á INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA (12 ECTS)
- Prácticas académicas
MÓDULO 10. TRABALLO FIN DE MÁSTER (18 ECTS)
MÓDULO 1. FORMACIÓN OBRIGATORIA QUÍMICA AVANZADA (5 materias, 15 ECTS)
- Selección e validación de metodoloxía analítica
- Técnicas de caracterización de materiais e biointerfases
- Determinación estrutural avanzada
- Procesos químicos e sustentabilidade
- Actividades formativas titorizadas
MÓDULO 7. QUÍMICA E ECONOMÍA INDUSTRIAL (7 materias, 21 ECTS)
- Química industrial: control de procesos
- Calidade nos laboratorios químicos
- Seguridade industrial
- Sistemas de xestión na industria química
- Lexislación industrial
- Economía e empresa
- Recursos humanos
MÓDULO 9. INICIACIÓN Á PRÁCTICA PROFESIONAL (9 ECTS)
- Xestión de proxectos (3 ECTS)
- Prácticas profesionais (6ECTS)