Máster Interuniversitario Galego en Acuicultura

Máster Interuniversitario Galego en Acuicultura

Back To Homepage
Desenvolvemento socioeconómico e ambiental

Acuicultura: sector estratéxico

Este máster deseñouse para proporcionar ao estudante coñecementos avanzados, específicos e multidisciplinares orientados á formación académica, investigadora e profesionalizante en acuicultura. Aprenderás os coñecementos, destrezas e aptitudes básicas que che permitirán: deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura; deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliando o seu impacto ambiental e respondendo ás necesidades de I+D+i do sector e implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento da industria acuícola.

EN DETALLE

10

PRAZAS

90

CRÉDITOS ECTS

TRES ENFOQUES

Unha formación baseada nos enfoques académico, profesional e investigador. Un desenvolvemento que conta coa colaboración dos actores sociais implicados en toda área relacionada coa acuicultura en Galicia.

DOUS ITINERARIOS

Este máster permíteche un desenvolvemento no campo da acuicultura que elixas: produción acuícola ou biotecnoloxía en acuicultura..

PRÁCTICAS E INVESTIGACIÓN

Mergúllate no tecido empresarial da produción acuícola a través de prácticas profesionais ou avanza na túa carreira investigadora partindo da especialización en biotecnoloxía.

Vantaxes de estudar o máster na Facultade de Ciencias de la UDC

Sector estratéxico para o desenvolvemento

A acuicultura mariña e continental compón un sector estratéxico do desenvolvemento desde o punto de vista socioeconómico e ambiental, tanto para Galicia como a nivel nacional. Isto implica unhas necesidades cada vez maiores de capital humano cun alto nivel de capacitación.

Mercado laboral en expansión

A industria e a administración precisan titulados superiores que poidan incorporarse ás empresas ou ás diferentes institucións públicas (centros tecnolóxicos, de investigación, universidades, etc.) para realizar tarefas de xestión ou de I+D+i en Acuicultura.

PERFIL DE ACCESO

As titulacións de acceso preferentes son as de graduado ou licenciado en Bioloxía, Ciencias do Mar ou Veterinaria, aínda que este máster está aberto a outras titulacións relacionadas coas ciencias experimentais e da saúde.

PERFIL DE SALIDA

Os egresados neste máster teñen cabida tanto en empresas como en centros de investigación en acuicultura. Para as empresas, os titulados na especialidade de Produción Acuícola teñen un perfil axeitado para formar parte de gabinetes de I+D ou de control da produción. Os formados na especialidade de Biotecnoloxía teñen un perfil máis orientado á investigación e a continuar coa súa formación en programas de doutoramento.

Industria e administración demandan titulados superiores para realizar tarefas de I+D+i no sector acuícola

835.80 €

custo de matrícula primeiro ano para alumnos UE

MACUIG (UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
  • Dado que o máster dura un ano e medio, hai que engadir un 50% máis para a matrícula do segundo ano
MATRICÚLATE!

1462.80 €

custo de matrícula primeiro ano para alumnos non UE

MACUIG (non UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
  • Dado que o máster dura un ano e medio, hai que engadir un 50% máis para a matrícula do segundo ano
MATRICÚLATE!
PRIMEIRO CURSO

Deben cursarse 30 créditos ECTS de materias obrigatorias que se imparten no primeiro cuadrimestre (MÓDULO BÁSICO). Nestas materias teórico-prácticas explícanse as bases biolóxicas da acuicultura (fisioloxía, xenética, patoloxía, etc.) e materias básicas de xestión de instalacións acuícolas, tanto desde o punto de vista da auga e das instalacións como desde o da xestión económica, xurídica ou ambiental. Unha vez acadados os coñecementos básicos, no segundo cuadrimestre o alumno debe especializarse optando por un dos itinerarios ofertados.

As ensinanzas versarán sobre o cultivo de diferentes grupos de organismos de interese na acuicultura. Son materias teórico-prácticas nas que o alumnado adquirirá as competencias e coñecementos necesarios sobre o estado actual e as perspectivas futuras das técnicas de cultivo dos distintos organismos. Estas materias compleméntanse con outras relacionadas con cultivos auxiliares, calidade da auga, instalacións, xestión empresarial, etc. Para obter a especialidade, o alumno debe obter polo menos 18 créditos ECTS nas materias dos Módulos de Cultivo I e Cultivo II, coa obriga de cursar as tres materias optativas vinculadas a esta especialidade, podendo ser os outros 12 créditos restantes da outra especialidade.

A formación céntrase en aplicacións biotecnolóxicas de interese na acuicultura moderna que inclúen, entre outros coñecementos, a xestión de recursos xenéticos, o desenvolvemento de novas ferramentas biotecnolóxicas para a produción ou o control de calidade. Como no caso anterior, para a obtención da especialidade o alumno deberá obter un mínimo de 18 créditos ECTS do Módulo de Biotecnoloxía, coa obriga de cursar a materia optativa vinculada a esta especialidade, e os 12 créditos restantes poden ser da outra especialidade.

SEGUNDO CURSO

Para finalizar o máster, o alumnado deberá cursar no primeiro cuadrimestre unha das materias prácticas de ESPECIALIZACIÓN FIN DE MÁSTER e, posteriormente, realizar e defender o seu TRABALLO FIN DE MÁSTER. Os alumnos que opten pola especialización en Produción Acuícola deberán realizar a materia de Prácticas en Empresa e os que opten por Biotecnoloxía, a de Iniciación á Investigación.

 

O máster remata coa elaboración e defensa pública do TRABALLO FIN DE MÁSTER.

PLAN DE ESTUDOS

  • Introdución á acuicultura (3 ECTS)
  • Bioloxía dos animais acuícolas cultivables (3 ECTS)
  • Bioloxía das algas cultivables (3 ECTS)
  • Fisioloxía dos animais de acuícolas cultivables (6 ECTS)
  • Xenética aplicada á acuicultura (3 ECTS)
  • Inmunoloxía (3 ECTS)
  • Patoloxía en acuicultura (6 ECTS)
  • Diagnóstico de enfermidades (6 ECTS)
  • Desenvolvemento de ferramentas de prevención e control (3 ECTS)
  • Ferramentas para a análise epidemiolóxica (3 ECTS)
  • Alimentación e nutrición (3 ECTS)
  • Calidade e xestión da auga (3 ECTS)1
  • Toxicoloxía e mareas tóxicas (3 ECTS)
  • Xestión de empresas acuícolas (3 ECTS)1
  • Calidade, procesado e trazabilidade (3 ECTS)

1Vinculadas á especialidade de Produción Acuícola

  • Cultivo de microalgas e zooplancton (3 ECTS)1
  • Cultivo de macroalgas (3 ECTS)
  • Cultivo de peixes (6 ECTS)
  • Cultivo de moluscos bivalvos (6 ECTS)
  • Cultivo doutros invertebrados (3 ECTS)

1Vinculadas á especialidade de Produción Acuícola

  • Mellora xenética (3 ECTS)
  • Xestión de recursos xenéticos (3 ECTS)
  • Xenómica estrutural e funcional (3 ECTS)
  • Aplicacións biotecnolóxicas en acuicultura (6 ECTS)
  • Deseño experimental e análise de datos (3 ECTS)1
  • Análise filoxenética (3 ECTS)

1Vinculada á especialidade de Biotecnoloxía

  • Prácticas en empresa (24 ECTS)
  • Iniciación á investigación (24 ECTS)
  • Proxecto (24 ECTS)
  • Traballo Fin de Máster (6 ECTS)
contacta co coordinador

Javier Cremades

+34 881 012 153

javier.cremades@udc.es