Máster en Neurociencia

Máster en Neurociencia

elixe a túa especialización

Un itinerario multidisciplinar

O Máster Universitario en Neurociencia está organizado polas tres universidades de Galicia: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo. Este posgrao garante a formación básica que todo profesional da Neurociencia debe posuír, así como a especialización nos distintos campos nos que se realiza investigación nas tres universidades galegas.

EN DETALLE

10

PRAZAS

60

CRÉDITOS ECTS

PARA O ÁMBITO ACADÉMICO

Presenta os coñecementos actualizados e as técnicas experimentais dos diferentes campos da Neurociencia, así como a capacidade de obter, procesar e transmitir información de maneira autónoma.

PARA O ÁMBITO INVESTIGADOR

O máster en Neurociencia favorece a iniciación no mundo da investigación. Ademais, permite o acceso ao Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica, de maneira que, unha vez realizada a tese de doutoramento, o alumnado disporá de todas as competencias necesarias para efectuar un labor investigador autónomo.

Terás a oportunidade de presentar e discutir o labor investigador propio con profesores, compañeiros e especialistas invitados dentro da xornada de neurociencia para investigadores novos que organiza o programa.

PARA O ÁMBITO PROFESIONAL

Obtén os coñecementos teóricos e técnicos necesarios para traballar en empresas relacionadas co ámbito neurocientífico. Aos profesionais clínicos, este posgrao facilítalles a actualización do coñecemento das bases biolóxicas do funcionamento do sistema nervioso, así como dos trastornos neurolóxicos e mentais.

RETO DO PRESENTE E DO FUTURO

Un dos maiores retos da investigación é descubrir os misterios do cerebro, desde o funcionamento das pequenas moléculas que o forman, ata as bases da memoria, a intelixencia e a vontade. O seu coñecemento permitirá combater as enfermidades que o afectan, mellorar a calidade de vida e avanzar na comprensión do home en si mesmo.

POSIBILIDADE DE CURSALO A TEMPO PARCIAL

O alumnado ten a opción de matricularse a tempo parcial cursando 30 créditos por ano.

Vantaxes de estudar o máster na Facultade de Ciencias da UDC

Docentes e Grupos de Investigación

Un equipo de profesores con ampla experiencia na formación de investigadores de alto nivel e grupos de investigación de recoñecido prestixio a nivel internacional.

Networking e formación continua

Campus virtual en Internet, onde profesores o alumnos poden crear a súa propia comunidade educativa. Participación en cursos e congresos organizados polo programa, pola Sociedade Española de Neurociencia e pola Federación Europea de Neurociencia.

Doutoramento europeo e colaboración internacional

Posibilidade de obter o doutoramento europeo, un título de excelencia internacionalmente recoñecido. Colaboracións con outros programas e laboratorios tanto nacionais como internacionais, que facilitan o contacto con outros investigadores e a participación en diferentes proxectos de investigación.

Galicia

A riqueza histórica, cultural e social de Galicia, que facilita a integración do estudante e complementa a súa formación investigadora.

PERFIL DE ACCESO

Pode acceder ao máster o alumnado licenciado ou graduado en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Psicoloxía, Veterinaria e Ciencias do Mar, así como o diplomado, licenciado ou graduado con experiencia e/ou intereses específicos nas distintas áreas de coñecemento da Neurociencia.

PERFIL DE SAÍDA

O máster ten un perfil investigador, xa que está dirixido fundamentalmente á formación de investigadores. Ademais, permite a iniciación á investigación e capacita para a inscrición no doutoramento.

No ámbito académico, presenta os coñecementos actualizados e as técnicas experimentais dos diferentes campos da Neurociencia, así como a capacidade de obter información de maneira autónoma, procesala e transmitila.

No ámbito profesional, o Máster en Neurociencia proporciona ao alumnado os coñecementos teóricos e técnicos necesarios para desenvolver traballos en empresas e industrias relacionadas co campo da Neurociencia. Aos profesionais de clínica permítelles a actualización do coñecemento das bases biolóxicas do funcionamento do sistema nervioso, así como dos trastornos neurolóxicos e mentais.

Existe a opción de matrícula a tempo parcial: neste caso o alumno cursará 30 créditos por ano

835.80 €

CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS UE

MÁSTER EN NEUROCIENCIA (UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
MATRICÚLATE!

1462.80 €

CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS NON UE

MÁSTER EN NEUROCIENCIA (NON UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
MATRICÚLATE!

PLAN DE ESTUDOS

Materias obrigatorias:
  • Bioloxía celular do sistema nervioso (4 ECTS)
  • Neuroquímica (4 ECTS)
  • Neuroanatomía (4 ECTS)
  • Fisioloxía do sistema nervioso (4 ECTS)
  • Neurociencia do comportamento (4 ECTS)
Optativas da especialidade en Neurociencia Cognitiva:
  • Técnicas psicofisiolóxicas (3 ECTS)
  • Investigación aplicada en Neurociencia cognitiva (3 ECTS)
  • Procesos psíquicos superiores (3 ECTS)
  • Condutas aditivas (3 ECTS)
  • Exploracións nucleares en Neuroloxía: SPET y PET.
  • Neuroimaxe dixital (3 ECTS)
  • Neurodexeneración y Neurorreparación (3 ECTS)
  • Fundamentos de Neurofisioloxía clínica (3 ECTS)
  • Fundamentos de Psiquiatría (3 ECTS)
  • Fundamentos de Neuroloxía (3 ECTS)
  • Neurociencia computacional (3 ECTS)
  • Modelos biolóxicos e computacionais de representación do coñecemento (3 ECTS)
Optativas da especialidade en Neurobioloxía Celular e Molecular:
  • Fundamentos de Xenómica y Proteómica (3 ECTS)
  • Neurofarmacoloxía (3 ECTS)
  • Técnicas de Neurobioloxía molecular (3 ECTS)
  • Desenvolvemento do Sistema Nervioso (3 ECTS)
  • Evolución do Sistema Nervioso (3 ECTS)
  • Neuroanatomía comparada (3 ECTS)
  • Técnicas neuroanatómicas (3 ECTS)
  • Canles iónicos e comportamento neuronal: Introdución ás canalopatías (3 ECTS)
  • Neuroendocrinoloxía (3 ECTS)
  • Técnicas electrofisiolóxicas (3 ECTS)
  • Neurotoxicoloxía (3 ECTS)
Materias obrigatorias:
  • Traballo Fin de Máster (19 ECTS)
Para que a especialidade conste no Suplemento Europeo ao Título (SET), os alumnos deben cursar a lo menos 5 materias correspondentes á especialidade.
Contacta coa coordinadora

Mónica Folgueira Otero

981 167 000 ext. 2177

m.folgueira@udc.es