Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental

Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental

desde 1991

Experiencia e alto nivel de inserción laboral

Este máster conta cunha longa traxectoria docente ao impartirse na Facultade de Ciencias desde 1991, primeiro como titulación propia da UDC dentro do Programa Commett da UE e, posteriormente, como Programa Oficial de Posgrao e Máster Universitario verificado en 2007. No ano 2012 unificouse co Máster Universitario en Química Ambiental e Fundamental da Universidade da Coruña coa finalidade de optimizar recursos humanos e infraestruturas, sempre mantendo unha docencia de calidade.

EN DETALLE

25

PRAZAS

60

CRÉDITOS ECTS

DESEÑA O TEU ITINERARIO

Formación avanzada e interdisciplinar de especialistas con competencias nos ámbitos do medio ambiente e da química a través de dous itinerarios de especialización que o alumno pode elixir en función dos seus intereses, obxectivos e formación previa.

DOBRE ORIENTACIÓN

Dependendo do lugar onde realice as prácticas o alumnado, o máster diferencia entre unha orientación profesional e outra investigadora.

MÁSTER CONSOLIDADO

Nas súas diversas formas, o Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental leva impartíndose na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña desde 1991.

ORIENTADO AO MERCADO LABORAL

Ademais, o máster presta especial atención á orientación profesional e dispón de convenios de colaboración para a realización de prácticas externas con numerosas empresas e organismos públicos de distintos ámbitos, o que permite ofrecer aos alumnos unha ampla oferta de prácticas profesionais.

TRABALLO FIN DE MÁSTER

Todos os alumnos que cursen este posgrao deben realizar un Traballo Fin de Máster de 3 meses de duración, incluíndo as prácticas obrigatorias cunha orientación aplicada de carácter investigador ou profesional.

Vantaxes de estudar o Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental na UDC

Internacionalización

O Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental permite unha dobre titulación internacional Universidade da Coruña – Donetsk National Technical University.

Inserción laboral

Os dous itinerarios propostos para o máster abarcan un enorme mercado cunha grande demanda de especialistas titulados e posibilidades de emprego, orientado á mellora do sector produtivo, a protección do medio ambiente e da saúde ou a formación continua de profesionais, entre outros.

PERFIL DE ACCESO

Graduados / licenciados en Química, Enxeñería Química, Enxeñería Ambiental, Bioloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Farmacia e Bioquímica.

Outras titulación afíns ás ramas de Ciencias e Enxeñería: Xeoloxía, Física, Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñería de Camiños, Enxeñería Industrial, Enxeñería Agrónoma, etc. Nestes casos, faranse recomendacións aos alumnos sobre cal é o itinerario máis axeitado a seguir.

PERFIL DE SAÍDA

En función del lugar donde realice las prácticas el alumnado, el máster tiene dos tipos de orientación:

  • PROFESIONAL, se desenvolve as prácticas en empresas e/ou institucións públicas.
  • INVESTIGADORA, se desenvolve as prácticas en laboratorios de investigación.

Tamén podes obter unha dobre titulación internacional Universidade da Coruña – Donetsk National Technical University

835.80 €

custo anual da matrícula para alumnos UE

Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
MATRICÚLATE!

1462.80 €

CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS NON UE

Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (NON UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
MATRICÚLATE!

PLAN DE ESTUDOS

ANUAL:
  • Prácticas externas (12 ECTS)
PRIMEIRO CUADRIMESTRE:
  • Lexislación. Regulación e xestión (6 ECTS)
  • Estratexias analíticas aplicadas ao medio ambiente (6 ECTS)
SEGUNDO CUADRIMESTRE:
  • Traballo Fin de Máster (6 ECTS)
DEBERÁN OBTERSE 18 ECTS
PRIMEIRO CUADRIMESTRE:
  • Análise estrutural e planificación sintética (6 ECTS)
  • Fronteiras na química inorgánica (6 ECTS)
  • Química física aplicada (6 ECTS)
SEGUNDO CUADRIMESTRE:
  • Elucidación de mecanismos de reacción (3 ECTS)
  • Química física de materiais (3 ECTS)
  • Especiación química e computación (3 ECTS)
  • Química bioinorgánica e biomateriais (3 ECTS)
  • Catálise (3 ECTS)
  • Ciclos bioxeoquímicos (3 ECTS)
  • Química bioorgánica e supramolecular (3 ECTS)
  • Reactividade orgánica e química organometálica (3 ECTS)
  • Química sostible (3 ECTS)
DEBERÁN OBTERSE 18 ECTS
PRIMEIRO CUADRIMESTRE:
  • Métodos estatísticos para datos medioambientais (3 ECTS)
  • Ecoloxía y biomonitorización (3 ECTS)
  • Calidade da auga (6 ECTS)
  • Calidade do solo (3 ECTS)
  • Calidade do aire (3 ECTS)
SEGUNDO CUADRIMESTRE:
  • Residuos (3 ECTS)
  • Recursos enerxéticos (3 ECTS)
  • Gestión da calidade (3 ECTS)
  • Análise instrumental avanzado (3 ECTS)
  • Monitorización ambiental (3 ECTS)
  • Economía ambiental (3 ECTS)
contacta coa coordinadora

Soledad Muniategui Lorenzo

+34 881 012 190

smuniat@udc.es