Máster en Biotecnoloxía Avanzada

Máster en Biotecnoloxía Avanzada

elixe a túa especialización

Un itinerario multidisciplinar

Esta máster ten unha dobre orientación: profesional e académico-investigadora. O obxectivo é ofrecer formación de calidade para os futuros profesionais da biotecnoloxía, proporcionando unha base sólida aos alumnos para enfrontarse con garantías ao mundo da empresa ou da investigación académica.

EN DETALLE

15

PRAZAS

90

CRÉDITOS ECTS

A BIOTECNOLOXÍA MEDRA

A biotecnoloxía en España mantivo taxas de crecemento positivas a pesares da crisis, o que a sitúa como un dos sectores estratéxicos clave na recuperación económica.

HORARIO

Modalidade presencial: as clases teóricas e prácticas desenvolveranse de luns a venres en horario de tarde, de 16:00h a 20:30h (excepto visitas a empresas e/ou institucións do sector).

DOBRE ORIENTACIÓN

Formación avanzada en biotecnoloxía, de carácter especializado e multidisciplinar. Obtén todas as ferramentas necesarias para promover a iniciación en tarefas investigadoras e profesionais.

TRES ESPECIALIDADES

O máster permíteche especializarte en tres grandes áreas da biotecnoloxía: Biotecnoloxía Alimentaria e Agropecuaria, Biotecnoloxía Ambiental e Biotecnoloxía Sanitaria.

PRÁCTICAS CURRICULARES

Realiza 18 créditos de prácticas en empresas e/ou centros de investigación relacionados coa biotecnoloxía no territorio nacional ou no estranxeiro.

EQUIPO DOCENTE

Clases impartidas por profesores de primeiro nivel das universidades de Vigo e da Coruña, así como por especialistas invitados.

Vantaxes de estudar o máster na Facultade de Ciencias da UDC

Acceso a grupos de investigación

Accede a grupos de investigación colaboradores da Facultade de Ciencias, o CICA (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas) ou o INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica da Coruña).

Acceso a programas de doutoramento

Accede aos programas de doutoramento con este máster e obtén unha base sólida para enfrontarte ao mundo académico investigador.

Vínculo co mundo laboral

Traballa en sectores fascinantes en continuo cambio e expansión dentro da industria farmacéutica, biomédica e veterinaria, alimentaria, agrícola e medioambiental.

PERFIL DE ACCESO

Todas as titulación universitarias da rama de Ciencias Experimentais ou Ciencias da Saúde que poden dar unha formación previa suficiente para acceder a estudos de especialización no campo da Biotecnoloxía.

O Máster en Biotecnoloxía Avanzada pretende ser unha oferta de posgrao de calidade potencialmente útil para os graos/licenciaturas en Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñería Química ou Agrónoma, así como unha vía para a formación de profesionais e doutores entre os egresados destes graos.

PERFIL DE SAÍDA

1. Profesional especialista cunha sólida formación conceptual e metodolóxica dos sistemas de produción, xestión e control de calidade das industrias alimentarias e agropecuarias.

2. Profesional especialista nas aplicacións da biotecnoloxía na sustentabilidade dos sistemas de produción e na biorremediación do medio ambiente, así como a súa prevención e xestión (auditorías ambientais).

3. Profesional especialista en diagnóstico e terapia molecular de enfermidades, así como nos sistemas de produción e xestión das industrias biomédicas.

4. Profesional con un espírito científico crítico, capacidade para o deseño experimental, comunicación científica, traballo en equipo e coas competencias necesarias para a incorporación en centros de investigación e empresas do sector biotecnolóxico.

O máster está plenamente consolidado e conta cunha ampla aceptación e demanda por parte do alumnado desde a súa implantación no curso 2010-2011

O Máster conta dende o ano 2021 coa Mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia

835.80 €

CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS UE

MBA (UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
  • Dado que o máster dura un ano e medio, hai que engadir un 50% máis para a matrícula do segundo ano
MATRICÚLATE!

1462.80 €

CUSTO ANUAL DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS NON UE

MBA (NON UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
  • Dado que o máster dura un ano e medio, hai que engadir un 50% máis para a matrícula do segundo ano
MATRICÚLATE!

PLAN DE ESTUDOS

Módulo 1. METODOLOXÍAS E PROCESOS (30 ECTS)

Enxeñería xenética e transxénese (4.5)

Enxeñería celular e tisular (3)

Xenómica e proteómica (4.5)

Bioinformática (3)

Biotecnoloxía industrial (6)

Procesos e produtos biotecnolóxicos (3)

Técnicas de aplicación en Biotecnoloxía (6)

Módulo 2. XESTIÓN, INNOVACIÓN; EMPRENDEMENTO E CALIDAD NAS BIOEMPRESAS (12 ECTS)
  • Xestión, Innovación e Emprendemento en Bioempresas (4,5)

  • Auditoría de empresas biotecnolóxicas (4.5)

  • Aspectos legais e éticos en Biotecnoloxía (3)
ESPECIALIDADES (a escoller no segundo semestre):
Módulo 3. BIOTECNOLOXÍA ALIMENTARIA E AGROPECUARIA (18 ECTS)
  • Biotecnoloxía alimentaria (3)
  • Análise de alimentos, seguridade alimentaria e trazabilidade (3)
  • Biotecnoloxía vexetal (3)
  • Biotecnoloxía animal (3)
  • Biotecnoloxía aplicada ao desenvolvemento sustentable (3)
  • Optativa das outras orientacións (3)
Módulo 4. BIOTECNOLOXÍA AMBIENTAL (18 ECTS)
  • Diagnóstico e terapia molecular (3)
  • Reprodución asistida (3)
  • Deseño y produción de vacinas e fármacos (3)
  • Deseño de novos fármacos específicos (3)
  • Ferramentas biotecnolóxicas para a análise forense (3)
  • Optativa das outras orientacións (3)
Módulo 5. BIOTECNOLOXÍA SANITARIA (18 ECTS)
  • Diagnóstico e terapia molecular (3)
  • Reprodución asistida (3)
  • Deseño y produción de vacinas e fármacos (3)
  • Deseño de novos fármacos específicos (3)
  • Ferramentas biotecnolóxicas para a análise forense (3)
  • Optativa das outras orientacións (3)
Módulo 6. PROXECTO FIN DE MÁSTER (12 ECTS)
Módulo 7. PRÁCTICAS EXTERNAS (18 ECTS)
contacta co coordinador

Manuel Becerra

+34 881 012 057

manu@udc.es