Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética

Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética

elixe a túa especialización

Itinerario multidisciplinar en bioloxía

Deseña o teu plan formativo de acordo aos teus intereses particulares: Bioloxía Molecular, Bioloxía Celular, Xenética, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal ou Biomedicina. O máster está dirixido a titulados da rama de Ciencias, especialmente aos de orientación biolóxica ou biomédica, pero tamén aos de intereses biotecnolóxicos e de fisioloxía vexetal.

EN DETALLE

24

PRAZAS

60

CRÉDITOS ECTS

ITINERARIO TOTALMENTE PERSONALIZADO

Este máster permite ao alumnos deseñar o seu itinerario de acordo aos seus intereses particulares: Bioloxía Molecular, Bioloxía Celular, Xenética, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal ou Biomedicina.

ACCESO A GRUPOS DE INVESTIGACIÓN

O máster permite integrarse en grupos de investigación da Facultade de Ciencias, el CICA (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas) ou no INIBIC INIBIC (Instituto de Investigacións Biomédicas), asociado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

FLEXIBILIDADE

Este máster pódese cursar na modalidade presencial ou semipresencial e con dedicación total (un curso) ou parcial (dous cursos).

RETENCIÓN DO TALENTO

Os grupos de investigación teñen a capacidade de incorporar a profesionais de excelencia egresados do máster a través de proxectos e contratos competitivos a nivel nacional e internacional.

PROFESORADO

O profesorado do máster está integrado maioritariamente por persoal da UDC e do INIBIC. Tamén conta con invitados de centros colaboradores.

DOBLE TITULACIÓN

O máster permite unha dobre titulación internacional Universidade da Coruña – Universidade de Palermo (en dous cursos)

Vantaxes de estudar o máster na Facultade de Ciencias da UDC

Ambiente versátil e dinámico

A Facultade de Ciencias ofrece un ambiente académico interdisciplinar onde é posible establecer contacto con especialistas tanto de orientación química como biolóxica.

Formación transversal

Acceso do alumnado ás actividades comúns que se ofrecen de forma transversal a todos os alumnos da Facultade: conferencias sobre temas actuais de investigación, cursos para xestión bibliográfica ou indicacións sobre saídas profesionais.

PERFIL DE ACCESO

Titulados de nivel MECES 2 da Rama de Ciencias: Bioloxía, Farmacia, Medicina, Biotecnoloxía, etc.

PERFIL DE SAÍDA

A formación acadada permitirá ao alumno acceder a departamentos de I+D de empresas do sector sanitario, farmacéutico ou biotecnolóxico.

Tamén dá acceso directo aos programas de doutoramento.

O máster conta cunha ampla traxectoria desde a súa implantación no curso 2009 - 2010

O Máster conta dende o ano 2020 coa Mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia

835.80 €

custo anual da matrícula para alumnos UE

BMCG (UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
MATRICÚLATE!

1462.80 €

custo anual da matrícula para alumnos non UE

BMCG (NON UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
Purchase Now

PLAN DE ESTUDOS

  • Técnicas celulares (6 ECTS)
  • Técnicas moleculares (6 ECTS)
  • Bioloxía celular avanzada (3 ECTS)
  • Sinalización celular (3 ECTS)
  • Mecanismos de xeración da variación xenética (3 ECTS)
  • Regulación da expresión xénica (3 ECTS)
  • Emprendemento e Autoemprego (3 ECTS)

Materias optativas (a elixir 8 materias ou 6 máis prácticas externas):

  • Neurobioloxía (3 ECTS)
  • Inmunoloxía (3 ECTS)
  • Células nai e terapia celular (3 ECTS)
  • Microbioloxía molecular (3 ECTS)
  • Dinámica e estrutura de proteínas (3 ECTS)
  • Proteínas recombinantes e Enxeñería de proteínas (3 ECTS)
  • Proteómica (3 ECTS)
  • Xenómica (3 ECTS)
  • Cromosomas: estrutura, función e evolución (3 ECTS)
  • Xenética humana (3 ECTS)
  • Toxicoloxía xenética (3 ECTS)
  • Mecanismos moleculares da interacción planta-patóxeno (3 ECTS)
  • Biotecnoloxía en plantas e bioinformática (3 ECTS)
  • Modelado de biomoléculas (3 ECTS)
  • Prácticas externas (6 ECTS)
  • Traballo de Fin de Máster (12 ECTS)
contacta coa coordinadora

Mª Esther Rodríguez Belmonte

+34 881 012 058

esper.cerdan@udc.es