Máster en Bioloxía Marina

Máster en Bioloxía Marina

Unha contorna académica e natural

Do laboratorio ao medio mariño

Este máster ten como obxectivo formar a profesionais en tarefas relacionadas coa bioloxía mariña e mellorar a formación dos xa dedicados a estas actividades. Trátase de formar persoal investigador para a súa incorporación a centros científicos de investigación en bioloxía mariña, ou a equipos de investigación de organismos públicos e privados.

EN DETALLE

10

PRAZAS

90

CRÉDITOS ECTS

XESTIÓN ESPECIALIZADA

Este máster proporciona ao alumnado as técnicas e ferramentas máis recentes e novidosas para deseñar e executar traballos experimentais, así como para analizar e avaliar problemas teóricos e prácticos relacionados co ámbito da bioloxía mariña.

PROFESIONALIZACIÓN

Coñecementos fundamentais na xestión sustentable dos recursos mariños grazas á aprendizaxe do uso de ferramentas de utilidade noutras áreas biolóxicas e biotecnolóxicas relacionadas coa conservación e xestión do medio mariño.

ACTUALIZACIÓN DE INVESTIGADORES

Formación en capacidades e competencias que permitan a integración dos egresados en departamentos de I+D+i ou centros de investigación doutras institucións tanto públicas como privadas.

Vantaxes de estudar o máster na Facultade de Ciencias da UDC

Formación Transversal

Formación en capacidades e competencias que permiten aos egresados deseñar e executar traballos experimentais, analizar e avaliar problemas teóricos e prácticos relacionados co ámbito da Bioloxía Mariña, así como a xestión sustentable dos recursos mariños.

Prácticas profesionales

Prácticas Externas obrigatorias nas principais empresas e centros de investigación mariña do noso país.

PERFIL DE ACCESO

Grao ou Licenciatura en Bioloxía ou Ciencias do Mar (preferentes) ou noutras Ciencias relacionadas (Físicas, da Terra, Xeolóxicas, Oceanográficas, da Saúde).

PERFIL DE SAÍDA

Os biólogos mariños son responsables de moitas tarefas nas áreas de pesca e acuicultura. Por exemplo, traballando para a administración pública para estimar e monitorizar stocks de especies mariñas, consultores de empresas e ONG, analizando os datos de sistemas de vixilancia por satélite, ou como investigadores científicos. O traballo investigador ten aplicación non só no campo do avance do coñecemento, senón tamén como servizo á administración no seguimento e control da calidade do medio mariño ou desenvolvendo novos recursos explotables.

Un océano de vida por descubrir

835.80 €

custo de matrícula primeiro ano para alumnos UE

Máster en Bioloxía Mariña (UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
  • Dado que o máster dura un ano e medio, hai que engadir un 50% máis para a matrícula do segundo ano
MATRICÚLATE!

1462.80 €

custo de matrícula primeiro ano para alumnos non UE

Máster en Bioloxía Mariña (non UE)

  • Prezo aproximado dun curso (60 créditos)
  • Dado que o máster dura un ano e medio, hai que engadir un 50% máis para a matrícula do segundo ano
MATRICÚLATE!

PLAN DE ESTUDOS

Módulo I. BÁSICO (30 ECTS)

  • O medio mariño: oceanografía física (3)
  • Botánica mariña (3)
  • Zooloxía mariña (3)
  • Microbioloxía mariña (3)
  • Ecoloxía mariña (3)
  • Fisioloxía dos organismos mariños (6)
  • Bases moleculares da adaptación ao medio mariño (3)
  • Técnicas de estudo de organismos mariños (3)
  • Deseño experimental e recursos de información (3)

Módulo II. AVANZADO: MATERIAS COMÚNS (12 ECTS)

  • Técnicas de mostraxe e recoñecemento de organismos e comunidades (6)
  • Cartografía, SIX e teledetección (3)
  • Xestión do medio: socioeconomía, educación ambiental e lexislación (3)

Módulo III. A. AVANZADO: USOS SUSTENTABLES E XESTIÓN MARIÑA (12 ECTS)

  • Bioloxía de la conservación (3)
  • Diversidade xenética: aplicacións ao estudo de organismos mariños (6)
  • Contaminación e ecotoxicoloxía mariñas (3)

Módulo III. B. AVANZADO: RECURSOS MARIÑOS (12 ECTS):

  • Bioloxía de especies explotadas e potencialmente explotables (6)
  • Avaliación e explotación de recursos no litoral (3)
  • Pesqueiras e explotación de derivados da pesca (3)

Módulo IV. MATERIAS OPTATIVAS (6 ECTS):

  • Estatística espacial e modelización (3)
  • Especies invasoras e fouling (3)
  • Bioloxía do desenvolvemento de organismos mariños (3)
  • Mecanismos de toxicidade e desintoxicación de xenobióticos (3)

Módulo V. PRÁCTICAS EXTERNAS (18 ECTS):

  • Empresas ou organismos públicos ou privados.

Módulo VI. TRABALLO FIN DE MÁSTER (12 ECTS):

  • Desenvolvemento, elaboración e defensa pública.
contacta coa coordinadora

María Concepción Herrero López

+34 881 012 133

concepcion.herrero@udc.es